Revista da asociación

Review of Cognitive Linguistics, a revista da Asociación publicada por John Benjamins, toma o relevo, a partir de 2010 de Annual Review of Cognitive Linguistics, nome baixo o cal se publicaron 7 números anuais (2003-2009). Convertida en semestral, consolídase como foro internacional para a publicación de investigación de alta calidade desde unha perspectiva cognitiva en todas as áreas que tratan da conceptualización e comunicación lingüística. Ademais, intenta fomentar o debate con disciplinas académicas próximas, así como con outros enfoques ao estudo da linguaxe, en especial os de carácter funcional.

Coa subscrición como membro de AELCO, obtéñense os dous volumes anuais de RCL a un prezo moi inferior ao xeneral.

Enlace: http://www.benjamins.com/cgi-bin/t_seriesview.cgi?series=RCL&show=board