Premios AELCO

Os premios da Asociación Española de Lingüística Cognitiva teñen como finalidade estimular a participación de mozos investigadores e investigadoras nos congresos internacionais que se organizan cada dous anos, así como valorar especialmente a presentación de investigación en formato de póster. Con este obxectivo, concédese un premio á mellor comunicación dun investigador non doutor e ao mellor póster.

  1. Modalidades
    • Modalidade A: Premio AELCO Pre-doutoral á mellor comunicación (para estudantes de doutoramento ou máster)
    • Modalidade B: Premio AELCO ao mellor póster
       
  2. Requisitos de participación
    • Ser socio de AELCO
    • Para a modalidade A, ser estudante de doutoramento
    • Indicar na folla de inscrición do congreso o desexo de participar especificando a modalidade
    • Achegar un breve currículo vitae e unha versión en papel ou esquema do póster ou da comunicación (powerpoint, ejemplario ou similar).*
  3. Xurado

    O xurado estará integrado por membros da xunta directiva de AELCO e do comité científico do congreso.

  4. Criterios de avaliación
    •  Contidos científicos da comunicación/póster (orixinalidade, relevancia, coñecementos anteriores, rigor e profundidade da análise, uso correcto dos diferentes mecanismos utilizados, bibliografía actualizada)
    • Presentación da comunicación/póster (organización dos contidos e uso correcto da linguaxe, claridade, elegancia, e concisión de estilo, ferramentas de presentación).
  5. Premio
    • Cotas de asistencia ao congreso
    • Certificado acreditativo do Premio
* Só se aceptaran inscricións anteriores ao período de entrega de documentación do congreso..