Inicio

A Asociación Española de Lingüística Cognitiva (AELCO/SCOLA) ten como obxectivo xeral fomentar a investigación na área das ciencias da linguaxe partindo da teoría coñecida como Lingüística Cognitiva. Este enfoque engloba unha ampla variedade de propostas teóricas que comparten un denominador común: a idea de que a linguaxe é unha parte integral da cognición e, polo tanto, debe ser entendido no contexto da conceptualización e do procesamento mental. En consecuencia, as linguas reflicten a interacción de aspectos culturais, psicolóxicos, comunicativos e funcionais.

Como obxectivo específico, AELCO pretende aglutinar e servir de foro aos investigadores que traballan no territorio español ou que investigan nalgunha das súas linguas. Con todo, ten unha vocación internacional, polo que son benvidos cognitivistas de calquera outra procedencia ou lingua de traballo.

A Asociación celebra congresos bianuais dende o seu primeiro congreso en Alacante, en 1998, data na que se constituíu.

A Asociación Española mantén relacións coa ICLA (Internacional Cognitive Linguistics Association) cuxo fin é promover, internacionalmente, o estudo da interacción entre a linguaxe e a cognición, con especial énfase no uso da linguaxe como un instrumento para organizar, procesar e transmitir información. Entre os temas centrais (e fundacionais) deste paradigma de investigación, cóntanse, entre outros, os seguintes:

  • As características estructurais dos sistemas de categorización nas linguas naturais (prototipicidade, categorías de nivel básico, modelos cognitivos).
  • Os principios funcionais de organización lingüística (por exemplo, a iconicidade).
  • A interficie conceptual entre sintaxe e semántica.
  • A relación entre linguaxe e pensamento, incluíndo cuestións de universalidade e especificidade lingüísticas.
  • A base experiencial da linguaxe en uso, incluíndo modelos culturais, contexto discursivo, e a contorna psicolóxica da actuación lingüística.

Máis recentemente, a lingüística cognitiva comezou a explorar as implicacións dos seus postulados para os modelos funcionais e discursivos da linguaxe, cos que mantén numerosas concomitancias.